Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 9 de setembro de 2019 Páx. 39656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 21 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2019041TA-LU, por infracción en materia sanitaria.

O día 2 de agosto de 2019, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2019041TA-LU, incoado á persoa titular do DNI 76563195J.

Intentouse notificar este acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle á persoa interesada o contido do referido acordo que figura como anexo.

Así mesmo, de acordo co disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, ten dereito a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula. Lembráselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que se non efectúa alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución, consonte o establecido no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 21 de agosto de 2019

María Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2019041TA-LU.

DNI da persoa interesada: 76563195J.

Último enderezo coñecido: rúa Pascual Veiga, 6, 27002 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u), 19.3.b), 4.d) e artigo 19.3.n) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación provisional: dúas infraccións graves.

Sanción proposta: mil douscentos dous euros (1.202,00 €).