Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 10 de setembro de 2019 Páx. 39754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 29 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican varios interesados da solicitude de declaración de utilidade pública para o proxecto da LAT 220 kV Campelo-Mesón (modificado), nos concellos de Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (A Coruña) (expediente IN408A 2018/14).

A promotora Greenalia Wind Power, S.L.U. formulou a solicitude de declaración de utilidade pública para o proxecto da LAT 220 kV Campelo-Mesón (modificado), situada nos concellos de Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (A Coruña). Esta solicitude foi sometida á información pública mediante o Acordo do 3 de maio de 2019, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, publicado no DOG nº 100, do 28 de maio.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles nas dependencias da Sección de Enerxía, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial do Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 29 de agosto de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente IN408A 2018/14, LAT 220 kV Campelo-Mesón (modificado)

Municipios afectados Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (A Coruña).

Predio nº

Propietario/a

Datos catastrais

Concello

Causa de devolución

Apelidos e nome

Polígono

Parcela

314

Vázquez Suárez, Pastora

006

00276

Tordoia

Devolta por ausente na repartición

524

Calviño Pereiro, Rosa

027

01036

Tordoia

Devolta por descoñecido

573

Hdros. de González Fraga, Isolina

028

00101

Tordoia

Devolta por ausente na repartición

667

Hdros. de Liñares Rosende, Mª Josefa

056

00595

Cerceda

Devolta por ausente na repartición

724

Raña Couselo, Ricardo

501

00357

Ordes

Enderezo descoñecido RBDA

735

Martínez Viqueira, Emilia Isabel

2

00219

Ordes

Enderezo descoñecido RBDA

739-B

Descoñecido

2

00209

Ordes

Descoñecido en RBDA

741

SAT nº 434 Xuga Couto da Egua

F-5080690

3

00346

Ordes

Devolta por ausente na repartición

752

Descoñecido

3

00283

Ordes

Descoñecido en RBDA

754

Bermúdez Deus, Manuela

3

00281

Ordes

Enderezo incorrecto

755

Masa común

3

00279

Ordes

Propietario e enderezo descoñecidos RBDA

857-A,B

Liñares Eiroa, David

511

00919

Ordes

Devolta por ausente na repartición

872

Revellón, Benigno

022

00010

Carral

Enderezo descoñecido RBDA

875

Hdros. de Veiras Vázquez, Camilo

022

00007

Carral

Devolta por descoñecido