Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 10 de setembro de 2019 Páx. 39745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a documentación de solicitude de autorización ambiental integrada para a ampliación dunha explotación porcina de ceba situada entre as parroquias da Portela, no concello de Rodeiro (Pontevedra) e do Monte, no concello de Chantada (Lugo). Titular: María del Carmen Mazaira Bardelás (expediente 2019-IPPC-I-19).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31.12.2016), e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11.12.2013), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para solicitude de autorización ambiental integrada dunha ampliación de un cebadeiro de porcino.

Para que calquera interesado poida consultar e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, o documento estará á súa disposición na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2019-IPPC-I-19.

Peticionaria: María del Carmen Mazaira Bardelás.

Enderezo social: Vilafrío, parroquia da Portela, concello de Rodeiro (Pontevedra).

Localización da instalación: parroquia da Portela, concello de Rodeiro (Pontevedra) e parroquia do Monte, concello de Chantada (Lugo).

Actividade: explotación porcina de ceba.

Descrición: o proxecto consiste na ampliación dunha explotación porcina de ceba para aumentar a súa capacidade produtiva ata 2.928 porcos. A instalación conta con dúas naves, almacén con placas solares no teito, local de oficina, fosa de xurro exterior, dous silos para penso e valado perimétrico. Coa ampliación construiranse dúas naves, dous silos e outra fosa de xurro exterior.

Verteduras: as aguas residuais procedentes dos aseos e da limpeza das naves son conducidas ás fosas de xurro exteriores. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

Parte do xurro xerado na instalación será valorizado como fertilizante en parcelas de uso agrícola e parte será recollido por un xestor autorizado.

Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución (UE) 2017/302 da Comisión, do 15 de febreiro de 2017, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no marco da Directiva 2010/75/UE, do Parlamento Europeo e do Consello, respecto á cría intensiva de aves de curral ou de porcos.