Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 10 de setembro de 2019 Páx. 39776

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de notificación en materia de xestión da biomasa.

Sendo preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e consonte o establecido nos artigos 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, as notificacións practicaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, quedando a eficacia do acto notificado supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas poden consultar o contido integro do acto que se notifica e o correspondente expediente no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e a comparecencia realizarase nas dependencias municipais, situadas na praza do Seixo, 1, 36740 Tomiño, en horario de atención ao público.

Nº de expediente

Referencia catastral

2310/2018

36054A076002150000EZ

2311/2018

36054A076002170000EH

2312/2018

36054A076002180000EW

Tomiño, 9 de agosto de 2019

Sandra González Álvarez
Alcaldesa