En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización da encarga realizada cunha empresa pública na súa condición de medio propio personificado, expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e nos artigos 31 e 32 e na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público e demais normativa que resulta de aplicación:
1. Datos xerais.
Entidade que confire o encargo: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.
Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/
Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio personificado e servizo técnico do poder adxudicador.
2. Encargo.
Título e obxecto: servizo de execución de actuacións de mellora do comportamento hidráulico e minimización dos efectos das posibles avenidas nas áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSI) de Galicia-Costa e das súas concas.
Clave do expediente: OH.488.396.
Código CPV (referencia de nomenclatura): códigos CPV principais 77312000-0 (Servizos de desbrozo), 77312100-1 (Servizos de eliminación de maleza) e 77341000-2 (Poda de árbores) e CPV adicional 71311100-2 (Servizos de asistencia en enxeñería civil).
Empresa destinataria da encarga: Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa).
Data de aprobación: 23 de agosto de 2019.
Data de formalización: 28 de agosto de 2019.
Orzamento: 249.997,28 euros (actuación non suxeita a IVE).
Importe total previsto do gasto: 249.997,28 euros. Inclúe o orzamento inicial da encarga.
Prazo de execución: 4 meses, sen previsión de prórrogas con incremento do gasto e sen prexuízo da/s ampliación/s do prazo de execución da prestación obxecto da encarga que foran necesarias sen incremento do gasto.
Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 29 de agosto de 2019.
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2019
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia