De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), faise pública a resolución, recaída nos expedientes de baixa dos establecementos relacionados, polo cesamento da súa actividade, xa que, intentada a notificación, non se puido practicar polos medios habituais.
Contra as ditas resolucións, que esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, todo iso, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.
Ourense, 2 de setembro de 2019
Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense
ANEXO
Establecemento |
Titular |
Enderezo |
Concello |
Rest. Residencia Sanitaria |
Servicio de Hostelería Aguinchos, S.L. |
Rampa de Sas, 12-6º C |
Ourense |
Caftª. Residencia Sanitaria |
Servicio de Hostelería Aguinchos, S.L. |
Rampa de Sas, 12-6º C |
Ourense |
Café bar Xacobeo 2,0 |
Barreiros López, Iván |
Avda. Vistahermosa, 1 |
Ourense |
Café bar La Columna |
Taberna La Columna, S.L. |
Hernán Cortés, 12 |
Ourense |
Café bar Cartucho |
Tudorache, María |
Murcia, 5 baixo |
O Carballiño |
Café bar Pub La Roca |
González Sepúlveda, Eva |
Hernán Cortés, 43 |
Ourense |
Café bar Escario |
Gamallo Bouza, Mª del Pilar |
García Mosquera, 13 |
Ourense |