Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 11 de setembro de 2019 Páx. 39867

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 3 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade das axudas concedidas e inadmitidas a trámite ao abeiro da Resolución do 1 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A).

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 170, do luns 9 de setembro de 2019, na páxina 39539, é necesario engadir o seguinte anexo:

ANEXO II

Axudas inadmitidas a trámite

Expediente

Beneficiario

Proxecto

Motivo da inadmisión

IN501A-2019-003

Asociación espazo agroecolóxico A Estruga

Aproveitamentos forestais sinérxicos para complementar o valor da madeira

Incumprimento dos requisitos do artigo 2.1 da Resolución do 1 de marzo 2019

IN501A-2019-010

Fundación Eduardo Pondal

Pondal e os pinos

Incumprimento dos requisitos do artigo 2.1 da Resolución do 1 de marzo 2019