Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 11 de setembro de 2019 Páx. 39911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 2 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, polo que se lle notifica ao interesado no procedemento SXRH-PD-6/19 a citación para o trámite de vista.

A instrutora do procedemento intentou citar o interesado para o trámite de vista. Os intentos de notificación realizáronse no domicilio da persoa interesada, a través do servizo de Correos, e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase este anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada. A continuación identifícase a persoa interesada (DNI), a referencia do procedemento e o trámite a que se lle convoca:

Persoa citada: 07871175T.

Procedemento: SXRH-PD-6/19.

Trámite: citación para o día 27 de setembro de 2019, ás 10.00 horas, na sede da Inspección Educativa en Santiago de Compostela (edificio do Mupega, na rúa San Lázaro, nº 109, na cidade de Santiago de Compsotela), co obxecto de comparecer perante a instrutora para o trámite de vista do expediente.

Se a persoa citada non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional