Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 12 de setembro de 2019 Páx. 40039

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 11 de setembro de 2019 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.

Por Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), convocouse o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.

Por Orde da Consellería de Facenda do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo), procedeuse ao nomeamento do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo.

Por circunstancias sobrevidas procédese á modificación da composición do dito tribunal cualificador, polo que esta consellería

DISPÓN:

Aceptar a renuncia de Marcos Pérez Fernández como vogal titular do dito tribunal e nomear no seu lugar a Javier Fernández Peón, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, que figuraba como vogal suplente.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda