Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 12 de setembro de 2019 Páx. 39972

III. Outras disposicións

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (en diante, APLU) no primeiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución, tendo en conta que os convenios de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística entran en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANEXO

Obxecto do convenio

Importe económico

Data
da sinatura

Entrada en vigor

Convenio colaboración coa EGAP para desenvolver actividades de formación, divulgación e investigación.

Participación nas actividades EGAP do persoal dependente APLU, colaboración e desenvolvemento conxunto de actividades de caracter formativo, divulgador e investigador en materias de competencia das institucións asinantes. Sen achega económica.

11.1.2019

11.1.2019

Adhesión á APLU do Concello do Bolo con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial.

Concello do Bolo: dereito 10 % multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal no exercicio de competencias propias e delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano.

26.10.2018

15.1.2019

Adhesión á APLU do Concello de Foz con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial.

Contribución do Concello de Foz: 700 € e dereito 10 % multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal no exercicio de competencias propias e delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano.

26.9.2018

22.1.2019

Adhesión á APLU do Concello de Sanxenxo con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial.

Contribución do Concello de Sanxenxo: 2.250 € e dereito 10 % multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal no exercicio de competencias propias e delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano.

7.1.2019

1.3.2019

Adhesión á APLU do Concello de Ribadeo con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial.

Contribución do Concello de Ribadeo: 4.950 € e dereito 10 % multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal no exercicio de competencias propias e delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano.

1.3.2019

5.4.2019

Adhesión á APLU do Concello de Noia con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial.

Contribución do Concello de Noia: 2.775 € e dereito 10 % multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal no exercicio de competencias propias e delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano.

28.2.2019

9.4.2019

Adhesión á APLU do Concello de Bergondo con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial.

Contribución do Concello de Bergondo: 1.700 € e dereito 10 % multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal no exercicio de competencias propias e delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano.

28.2.2019

10.4.2019