Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 13 de setembro de 2019 Páx. 40216

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 12 de xullo de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 137, do 19 de xullo de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 33758, onde di: «– Enrique Guillermo Maciñeira Alonso, corpo de profesores titulares de universidade, doutor enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos», debe dicir: «– Enrique Guillermo Maciñeira Alonso, persoal funcionario do corpo de enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos do Estado».