Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 13 de setembro de 2019 Páx. 40237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de setembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Os Calvos, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Miguel de Barcala, do concello da Estrada (Pontevedra).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión celebrada o día 3 de xullo de 2018 acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: A Estrada.

Parroquia: San Miguel de Barcala.

Nome do monte: Os Calvos.

Cabida: 7.000 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral: 36017A065003380000KS.

Estremas:

Norte

Titular

Ref. catastral

Río Ulla/Augas de Galicia

------------------------

Esteban, José e María Fraga Laceiras

36017A06500336

Sur

Rosa Meda Iglesias

36017G50200182

Celina Meda Dios

36017G50200183

José Laceiras Meda

36017G50200184

María Tanoira Otero

36017G50200200

María Esther Tanoira Otero

36017G50200201

Leste

Leonor e Gerardo Duro Fernández

36017A06500339

Esteban, José e María Fraga Laceiras

36017A06500336

Oeste

Camiños rurais do concello da Estrada

36017A06509009

36017G50209003

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 4 de setembro de 2019

Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora