Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 13 de setembro de 2019 Páx. 40253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 2 de setembro de 2019 pola que se notifica o Acordo do 20 de xuño de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 178, sito en San Cibrao das Viñas, relativo ao proxecto 01770 (expediente 2019/000200).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula aos herdeiros de Faustino Fernández Cid o Acordo do 20 de xuño de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 178, sito en San Cibrao das Viñas, relativo ao proxecto 01770 (expediente 2019/000200), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está ao dispor do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01770-vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, Treito A-52-N-525. Clave: Ou/08/053.01.1. Tm San Cibrao das Viñas e Taboadela.

Nº de expediente: 2019/000200.

Persoa que se notifica: herdeiros de Faustino Fernández Cid.

Expropiante: CIM. Servizo Provincial da AXI de Ourense.

Expropiados: herdeiros de Faustino Fernández Cid.

Beneficiario: CIM. Servizo Provincial da AXI de Ourense.

Predio nº: 178.

Concello: San Cibrao das Viñas.

Provincia: Ourense.

Valoración da resolución do xurado: 2.096,43 €.