Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 16 de setembro de 2019 Páx. 40340

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 4 de setembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Por Orde desta consellería do 19 de xullo de 2019 (DOG núm. 145, do 1 de agosto) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal directivo na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 19 de xullo de 2019 (DOG núm. 145, do 1 de agosto) para os efectos previstos no apartado 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño do posto que se indica, á persoa que figura no anexo desta orde.

Terceiro. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Posto: xerente de Xestión Integrada.

Nome e apelidos: Félix Rubial Bernárdez.

DNI (*): ***7241**.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.