Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 16 de setembro de 2019 Páx. 40356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2014/196-1, no concello de Dumbría.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT DC 220 kV Dumbría-Regoelle, no concello de Dumbría (expediente IN407A 2014/196-1), acto que terá lugar nos propios predios segundo o calendario e os datos que se indican no cadro anexo que máis abaixo se detalla para, posteriormente, proceder á redacción final das ditas actas nas dependencias municipais que sinale o propio concello.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 6 de setembro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2014/196-1.

Entidade beneficiaria: Ferroatlántica, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT DC 220 kV Dumbría-Regoelle.

Concello: Dumbría.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

73

Bao Carballo

Ángel Regueira Arias

23.10.2019

11.15

81, 82 e 83

Pexados

Ángel Regueira Arias

23.10.2019

11.45

98

Costa do Medio

Rosa Quintáns Lema

24.10.2019

10.45