Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 16 de setembro de 2019 Páx. 40344

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (321/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 321/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Lois Romero contra Three Compliance, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou con data do 28 de agosto de 2019 a sentenza co número 390/2019, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Acepto a demanda sobre despedimento formulada pola representación procesual da parte demandante fronte á demandada e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante efectuado con data de efectos 13.3.2019, e ante a imposibilidade da readmisión, declaro extinguida a relación laboral na data desta resolución e condeno a demandada ao aboamento dunha indemnización por despedimento de 2.994,75 euros.

En caso de eventual responsabilidade do Fogasa, esta limítase a 2.578,81 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución; abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza de reforzo deste xulgado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Three Compliance, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2019

A letrada da Administración de xustiza