Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 17 de setembro de 2019 Páx. 40469

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da convocatoria para a cobertura de 6 prazas de policía local do Concello do Porriño (Pontevedra), 5 por oposición libre e 1 por mobilidade.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, núm. 137, do 18 de xullo de 2019, publicouse o anuncio relativo ás bases, así como á convocatoria, que rexerán o proceso selectivo para o acceso a 6 prazas vacantes de policía local do Concello do Porriño, 5 por oposición libre e 1 por mobilidade, incluídas na oferta de emprego público do ano 2019.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, prorrogándose ata o primeiro día hábil seguinte, se o prazo rematase nun día inhábil.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 19 de xullo de 2019

Eva García de la Torre
Alcaldesa