Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 19 de setembro de 2019 Páx. 40623

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, de tres postos de xefe/a de grupo de persoal de xestión e servizos do Servizo de Admisión desta xerencia, convocada mediante a Resolución do 11 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 62, do 29 de marzo).

Logo de convocada mediante a Resolución do 11 de marzo de 2019 (DOG nº 62, do 29 de marzo), a provisión de tres postos de xefe/a de grupo de persoal de xestión e servizos do Servizo de Admisión, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de tres postos de xefe/a de grupo de persoal de xestión e servizos do Servizo de Admisión.

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os/as aspirantes seleccionados/as deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que se estableza na orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2019

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de grupo de persoal de xestión e servizos de Consultas Externas do Servizo de Admisión.

Nome e apelidos: Manuela Fuentes Veiga.

DNI (*): ***9862**.

Denominación do posto: xefe/a de grupo de persoal de xestión e servizos da Unidade Administrativa de Admisión Central do Servizo de Admisión.

Nome e apelidos: Esther Suárez Rodríguez.

DNI (*): ***9289**.

Denominación do posto: xefe/a de grupo de persoal de xestión e servizos de secretarías administrativas de servizos centrais e asistenciais do Servizo de Admisión.

Nome e apelidos: Áurea Louzao Vázquez.

DNI (*): ***8651**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.