Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 19 de setembro de 2019 Páx. 40651

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios de carreira.

A concellaría de goberno delegada do Servizo de Persoal e Cultura do 9.8.2019, nomeou funcionarios de carreira deste concello a:

– Jesús Manuel Silva Rodríguez, con DNI ***2901**, para ocupar unha praza de sepultureiro, encadrada dentro da subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de selección de concurso-oposición restrinxido, quenda promoción interna.

– Bruno Fernández Franco, con DNI ***7667**, para ocupar unha praza de oficial de obras, encadrada dentro da subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de selección de concurso-oposición restrinxido, quenda promoción interna.

– Fernando Capelo Ríos, con DNI ***9144**, para ocupar unha praza de condutor mecánico, encadrada dentro da subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de selección de concurso-oposición restrinxido, quenda promoción interna.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, poderán interpoñer os interesados ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, o interesado tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue procedente conforme a dereito.

Pontevedra, 22 de agosto de 2019

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura