Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40776

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2018/3416-3 e dezasete máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta, ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente , atópase á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense, na avenida da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida da Habana, 79, 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 2 de setembro de 2019

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/Equivalente

PR204A 2018/3416-3

44486865N

PR204A 2019/2602-3

44471262A

PR204A 2019/2911-3

X-2887663-J

PR204A 2019/2945-3

34634644W

PR204A 2019/2950-3

76707715R

PR204A 2019/2725-3

32838861J

PR204A 2019/2920-3

44467010Y

PR204A 2019/2899-3

76720427V

PR204A 2019/2879-3

34973211D

PR204A 2019/2335-3

43108228H

PR204A 2019/1628-3

32798436E

PR204A 2019/2999-3

44459712E

PR204A 2019/2642-3

34544129S

PR204A 2019/2975-3

34996799E

PR204A 2019/2511-3

36079542V

PR204A 2019/2648-3

34234657P

PR204A 2019/2637-3

26566817T

PR204A 2019/2612-3

34279340W