Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40754

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 10 de setembro de 2019 pola que se outorgan nomeamentos de notarias e notarios para notarías vacantes.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 21 de xuño de 2019 e resolto pola Resolución do 22 de xullo de 2019, e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, co Decreto da Xunta de Galicia 74/2018, do 5 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as notarias e notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2019

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

– Diego Rosales Rodríguez, notario de Monforte de Lemos, para a notaría de Moaña.

– Andrea Ibarra Blanco, notaria de Calera y Chozas, para a notaría de Ribadeo.