Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40795

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D19/2019, do 13 de setembro de 2019, pola que se nomean profesores contratados doutores do Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar a Iván Puente Luna e Xavier Núñez Nieto (PCD-14).

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola comisión de selección nomeada para xulgar as probas selectivas das prazas de profesor contratado doutor PCD-14 do Centro Universitario da Defensa (en diante, CUD) localizado na Escola Naval Militar de Marín, convocadas pola Resolución D/03/2019, do 3 de xuño de 2019 (DOG do 10 de xuño de 2019), e presentada polos candidatos propostos a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria.

Esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a Iván Puente Luna, con DNI ****7263-B, e a Xavier Núñez Nieto, con DNI ****6673-M, profesores contratados doutores do Centro Universitario da Defensa localizado na Escola Naval Militar de Marín.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato pola persoa interesada.

Marín, 13 de setembro de 2019

José María Pousada Carballo
Director do Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín