Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40764

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2019 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico superior de telecomunicacións, grupo I, en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 3 de decembro de 2013.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 3 de decembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 16 de decembro) para cubrir unha praza da categoría profesional técnico superior de telecomunicacións, grupo I, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico superior de telecomunicacións a persoa que superou o proceso selectivo pola quenda de promoción interna e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal laboral fixo, a persoa a cal se refire o anexo desta resolución deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 63 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e asinar o contrato de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O contrato formalizarase no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (rúa Nova, número 6). Santiago de Compostela.

Terceiro. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Categoría laboral: técnico superior de telecomunicacións.

Quenda: promoción interna.

Número de orde: 1.

Apelidos e nome: García Varela, Álvaro.

DNI: ***0244 **.