Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2019 pola que se notifican as resolucións ditadas no expediente IG107.2017.2.32 e cinco máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta resolución notifícaselles aos interesados o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles aos interesados que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, no Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

NIF/razón social

Programa de axudas

Data da resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG107.2017.2.32

47314691B

Axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Galicia Emprende) (Resolución do 30 de marzo de 2017; DOG núm. 73, do 17 de abril)

27.6.2019

Director xeral do Igape

Resolución de denegación de modificación

IG204.2016.1.156

77107535N

Axudas ao apoio financeiro ás pemes-bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Resolución do 2 de agosto de 2016; DOG núm. 154, do 17 de agosto)

11.6.2019

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de axuda

IG204.2016.1.233

Move Servicios de Ocio y Deporte, S.L.

Axudas ao apoio financeiro ás pemes-bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Resolución do 2 de agosto de 2016; DOG núm. 154, do 17 de agosto)

4.6.2019

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de axuda

IG204.2016.1.269

Pepe Vieira, S.L.

Axudas ao apoio financeiro ás pemes-bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Resolución do 2 de agosto de 2016; DOG núm. 154, do 17 de agosto)

11.6.2019

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de axuda

IG206.2016.1.98

33550902C

Microcréditos-bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € (Resolución do 2 de agosto de 2016; DOG núm. 153, do 12 de agosto)

14.6.2019

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de axuda

IG206.2016.1.100

Teñochoxá, S.L.