Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 23 de setembro de 2019 Páx. 42163

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle número 1.

Na sesión ordinaria celebrada polo Pleno o día 30 de xullo de 2019, tomouse o seguinte acordo que se transcribe literalmente:

«Mediante Decreto 2017/0373, do 3.5.2017, foi obxecto de aprobación inicial o estudo de detalle nº 1 do Concello da Guarda, en que se acordou a apertura do trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia núm. 105, do 5 de xuño e anuncio publicado no Faro de Vigo o 6 de maio de 2017.

Foron presentadas alegacións por Francisco Antonio González Durán o 16.6.2017, obxecto de informe desestimatorio emitido polo arquitecto municipal con data do 22.11.2018, nos seguintes termos:

Punto 1. Aliñacións: as obras de rehabilitación ou reconstrución non deberían de ter a obriga de cesión do patín.

Contestación: as aliñacións establecidas no estudo de detalle son as mesmas reflectidas no planeamento vixente xa que, conforme o artigo 79.2.c) da Lei 2/2016, de solo de Galicia, os estudos de detalle en ningún caso poderán reducir as superficies destinadas a vías, espazos libres ou dotacións públicas.

Punto 2. Cores das carpintarías: - A carta de cores proposta no estudo de detalle non recolle unha serie de cores fundamentais nunha vila mariñeira. As cores básicas que se lle daban aos «gardacalores» dos barcos; azul, vermello, verde e marrón.

Contestación: en relación coas cores que se poderán utilizar nas carpintarías das edificacións, conforme o punto 3.d) do informe da Dirección Xeral de Patrimonio as cores das carpintarías deberán axustarse ás tonalidades previstas na gama de cores proposta.

Conforme o punto 3.b) do mesmo informe foron eliminadas as cores máis fortes de cada gama (4 en total) da gama de cores proposta inicialmente, polo que a proposta de incorporar máis cores non quedaría amparada no informe favorable emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Emitidos os informes sectoriais pertinentes, así como os informes técnico e xurídicos, concluído o período de información pública, presentadas as alegacións e emitido informe sobre estas en sentido desestimatorio, se eleva ao Pleno a seguinte proposta:

1. Desestimar as alegacións presentadas por Francisco Antonio González Durán con data do 16.6.2017, nos termos sinalados no informe emitido polo arquitecto municipal con data 22.11.2018, e aprobar definitivamente o estudo de detalle nº 1 ACTUACIÓN AG- Paseo Marítimo- rúa Malteses) do Concello da Guarda.

2. Notificar o presente acordo aos interesados e publicar o acordo de aprobación definitiva, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia, e cando proceda, o texto dos documentos que integran o estudo de detalle así como o índice de planos no Boletín Oficial da provincia.

3. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo, á vez que se lle dará traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, para a súa inscrición no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia, no prazo dun mes desde a data da aprobación municipal».

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

A Guarda, 18 de agosto de 2019

Antonio Lomba Baz
Alcalde