Intentada a notificación da comunicación do inicio do procedemento sancionador ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, pola cal se acorda o inicio do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúase a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), a súa eficacia queda condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, fáiselles saber que segundo o disposto no punto 3 do artigo 37 bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispoñen de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) para formularen, por escrito, as alegacións que xulguen oportunas, documentalmente acreditadas ante a oficina de emprego Ourense A Ponte, sita na rúa San Francisco Blanco, 2, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como para os efectos de coñeceren integramente o contido da comunicación de inicio ditada polo xefe territorial.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselles aos interesados que, se transcorrido o dito prazo non achegan alegación en tempo e forma, ditará a correspondente resolución a Xefatura Territorial de Ourense, que dispón dun prazo de seis meses desde a data deste acordo para notificarlles a resolución pertinente.
Ourense, 11 de setembro de 2019
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: 76809152P/26/07/2019/2.1.E.
Persoa interesada: 76809152P.
Concello: Ourense.
Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.
Contido da comunicación: comunicación por parte da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria do inicio do correspondente procedemento sancionador, coa proposta da perda dun mes ao dereito á prestación ou subsidio recoñecidos.