Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 24 de setembro de 2019 Páx. 42306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o inicio do trámite de audiencia nun procedemento de deslindamento entre montes veciñais en man común no concello de Paradela (expediente 2019_17).

Ante esta Xefatura Territorial tramítase o expediente número 2019_17, de deslindamento entre os seguintes montes montes veciñais en man común do concello de Paradela:

• Monte: Común e Lameiros (73/80).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Santa Cristina de Paradela.

• Monte: Bosque, Serra Lagüela, Gandarón e Cabaleirón (68/80).

Comunidade propietaria: veciños das parroquias Andreade, Barán e Vilaragunte.

O 24 de maio de 1982 foron clasificados como veciñais en man común o citado monte Común e Lameiros, a favor dos veciños da parroquia de Santa Cristina de Paradela, e o monte Alto da Serra, a favor dos veciños do lugar da Serra, na mesma parroquia. A resolución asignou unha superficie de 15 ha a cada un deles; non obstante, o esbozo é único para os dous montes. Nel aparece unha superficie conxunta de 33 ha e non se diferencia o terreo clasificado para cada monte.

A liña de deslindamento proposta polas comunidades de Andrade, Barán e Vilaragunte e de Santa Cristina de Paradela discorre sobre o actual esbozo do MVMC Alto da Serra, tal e como se aprecia no plano que figura no anexo.

Tendo en conta o anterior, ábrese un período de quince días, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, para que os veciños do lugar da Serra, na parroquia de Santa Cristina de Paradela, poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co artigo 82 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Durante este prazo, a documentación estará dispoñible no Servizo de Montes de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14:00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do expediente.

Lugo, 3 de setembro de 2019

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

missing image file