De conformidade co disposto no artigo 50 do Real decreto 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o Sistema Arbitral de Consumo; no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias (DOG núm. 69, do 11 de abril), logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 40, sen que se puidese efectuar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Unidade de Consumo de Vigo, con enderezo na Praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2019
José María Pita Ponte
Secretario da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia
ANEXO
Expediente arbitral: 36R002/728/2018.
CIF: 36136060R.
Acto notificado: laudo arbitral do 1 de xullo de 2019.