Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 25 de setembro de 2019 Páx. 42512

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión do 18 de setembro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG número 48, do 8 de marzo),

ACORDOU:

– Convocar para a realización do terceiro exercicio os aspirantes que, de acordo co disposto na base II.1.1.3. da convocatoria, non presentaron correctamente a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo):

Apelidos e nome

NIF

Soto Barreira, Vanessa

***0902**

– Que este terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 1 de outubro de 2019, e que o lugar de realización será a sala D da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio da pirámide San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

– O exercicio consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test con catro (4) respostas alternativas das que só unha delas será a correcta, máis tres (3) preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento da lingua galega.

O exercicio terá unha duración de corenta (40) minutos.

O cuestionario deberá obrigatoriamente recoller contidos relacionados cos niveis funcionais da lingua: léxico, sintáctico e gramatical correspondentes ao nivel do Celga requirido no proceso selectivo.

– A aspirante deberá ir provista de DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal e bolígrafo.

– Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2019

Dámaso Pérez Vale
Presidente do tribunal