Advertido un erro na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 169, do 6 de setembro de 2019, cómpre facer a seguinte corrección na páxina 38.880:
No parágrafo terceiro do artigo 20.1, relativo ao prazo de presentación, procedemento de concesión, instrución e tramitación, on di:
«A data de comezo das accións formativas figurará na solicitude e non poderá ser anterior á data resultado de engadir tres meses á data de finalización do prazo límite de presentación de solicitudes».
Debe dicir:
«A data de comezo das accións formativas figurará na solicitude e non poderá ser anterior á data resultado de engadir un mes á data de finalización do prazo límite de presentación de solicitudes».