Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 25 de setembro de 2019 Páx. 42578

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2019.

Con data do 30 de agosto de 2019, a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria, adoptou o seguinte acordo de aprobación da oferta de emprego público 2019 (expediente 33237/220):

Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Vigo para o ano 2019, integrada polas seguintes prazas vacantes:

Praza

Quenda

(libre/promoción interna)

Tipo de vínculo xurídico (funcionarios de carreira/persoal laboral fixo)

Número de prazas ofertadas

Observacións

Diplomado/a traballo social

Libre

Funcionario/a de carreira

5

Unha delas reservada para persoas con discapacidade

Técnico/a medio/a sistemas

Libre

Funcionario/a de carreira

1

Enxeñeiro/a técnico/a forestal

Libre

Funcionario/a de carreira

1

Mestre formación

Libre

Funcionario/a de carreira

5

Tres delas proceso estabilización emprego e as outras dúas pola taxa normal

Inspector policía local

Promoción interna

Funcionario/a de carreira

1

Policía

Libre

Funcionario/a de carreira

48

36 pola taxa adicional corpo policía local e 12 pola taxa normal

Sarxento S.E.I.S.

Promoción interna

Funcionario/a de carreira

3

Bombeiro/a

Libre

Funcionario/a de carreira

6

Condutor-bombeiro

Libre

Funcionario/a de carreira

2

Inspector/a control concesionarias

Promoción interna

Funcionario/a de carreira

2

Unha delas reservada para persoas con discapacidade

Subalterno/a

Libre

Funcionario/a de carreira

2

Reservadas para persoas con discapacidade, unha delas para persoas que acrediten unha discapacidade intelectual

Oficial oficios

Libre

Persoal laboral

7

Sete (Un sepultureiro, Un coidador, dous/dúas oficiais instalacións e tres oficiais mantemento (unha delas reservada para discapacitados/as)

Axudante oficios

Libre

Persoal laboral

1

Reservada para persoas con discapacidade intelectual.

Total prazas OEP 2019

84

Das 84 prazas, 78 ofértanse pola quenda libre e seis pola quenda de promoción interna. Resérvanse seis prazas para persoas con discapacidade (7 % das 84 prazas convocadas), dúas das cales para persoas que acrediten unha discapacidade intelectual.

De conformidade co disposto no artigo 59 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público (TREBEP) resérvanse un total de seis prazas para persoas con discapacidade, dúas delas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e as restantes para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Vigo, 11 de setembro de 2019

O alcalde
P.D. (Decretos do 18.6.2019, 20.6.2019 e 2.9.2019 e
Acordos da XGL do 20.6.2019, 5.7.2019 e 5.9.2019)
Elena Espinosa Mangana
Tenente de alcalde e concelleira delegada da Área de Empresa, Economía,
Seguridade e Organización Municipal