Coa finalidade de incrementar a transparencia e a difusión da actividade desenvolvida polo Consello de Contas,
DISPOÑO:
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Consello de Contas de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019
José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Consello de Contas de Galicia
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2019
Convenio |
Importe € |
Data de sinatura |
Convenio de colaboración entre o Tribunal de Contas e o Consello de Contas de Galicia sobre medidas de coordinación en relación coa rendición telemática das contas xerais e a remisión de información relativa aos contratos, os convenios e o control interno das entidades locais do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. |
0 € |
9.7.2019 |
Convenio de colaboración entre o Consello de Contas de Galicia e a Fundación para a Formación e Investigación en Auditoría del Sector Público (Fiasep), para a formación e mellora das competencias profesionais do persoal do Consello de Contas de Galicia. |
3.500 € |
3.7.2019 |