Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 26 de setembro de 2019 Páx. 42681

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

O vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, publicado mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 13 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño), regula na súa norma II.4.4 a xeración e publicación das listas.

Mediante a Resolución do 17 de xuño de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 119, do 25 de xuño) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as nas categorías de facultativo/a especialista de área de Medicina do Traballo, facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica, farmacéutico/a de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061, odontólogo/a de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador/a social.

Mediante a Resolución do 1 de xullo de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 23 de xullo) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as nas categorías de enxeñeiro/a técnico/a, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico/a superior en prevención de riscos laborais, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información.

Finalizado o prazo de impugnación contra as citadas resolucións e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base novena, da Resolución do 12 de setembro de 2013,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de enxeñeiro/a técnico/a, facultativo/a especialista de área de Medicina do Traballo, facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica, farmacéutico/a de atención primaria, fisioterapeuta, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, logopeda, médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061, odontólogo/a de atención primaria, técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico/a superior en prevención de riscos laborais, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, terapeuta ocupacional e traballador/a social.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos