Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 26 de setembro de 2019 Páx. 42699

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 345/2018).

Eu, María Iria Roman Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 345/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Samuel Mosquera Cabanas contra os representantes legais de Enasa System, S.L., sobre ordinario, se acordou citar aos representantes legais de Enasa System, S.L., en paradoiro descoñecido, para que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707 Santiago de Compostela, o día 18 de outubro de 2019, ás 11.25 horas, co fin de celebrar os actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse. Advírtese de que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor, na oficina xudicial, a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Así mesmo, advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación aos representantes legais de Enasa System, S.L., así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido a presente cédula.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza