Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: rúa Virgen de la Luz, 3, baixo, 36860 Ponteareas.
Denominación: LMT e CT Meáns.
Situación: Ponteareas.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 916 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación (CT) existente Cruceiras e final no CT proxectado. Centro de transformación a 160 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado en Meáns, Nogueira, Ponteareas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, resolve:
Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 20 de agosto de 2019
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra