Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 42884

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

EXTRACTO da Orde do 16 de setembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento SA463G).

BDNS (Identif.): 474265.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán solicitar esta subvención todos aqueles concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia que pretendan desenvolver, individualmente ou agrupados, un proxecto de prevención de condutas adictivas e que reúnan os requisitos sinalados no artigo 4 da orde.

A asignación económica da subvención terá carácter individual para cada concello e mancomunidade, agás no caso das agrupacións de concellos, no que se asignará unha única subvención para realizar un proxecto común.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas realizados por entidades locais galegas.

O contido dos proxectos que se desenvolverán durante os anos 2019, 2020, 2021 e 2022 deberá axustarse aos programas sinalados no artigo 6.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 16 de setembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento SA463G).

Cuarto. Contía

A contía total das subvencións que se van conceder é de 2.213.463,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 1002.413A.460.1, distribuídos do seguinte xeito:

a) Ano 2019: 368.910,50 €.

b) Ano 2020: 737.821,00 €.

c) Ano 2021: 737.821,00 €.

d) Ano 2022: 368.910,50 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Para poder ser beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo da orde e que estará dispoñible tanto na guía de procedementos (https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos) como na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código SA463G.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidad