Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 42787

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2019 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2019

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2019

Convenio

Achega consellería (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Concello de Noia en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

9.5.2019

Protocolo de adhesión do Concello de Friol ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

13.5.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Concello de Rois en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

14.5.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e publicación da Revista Galega de Economía no ano 2019.

7.500

29.5.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España para a consulta da titularidade real de sociedades mercantís a través do Rexistro Mercantil.

Sen achega económica

5.6.2019

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Facenda, e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.325.000

15.7.2019

Protocolo de adhesión do Concello de Rodeiro ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

13.8.2019