Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 43001

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 294/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 294/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Pérez González contra Sitel Ibérica Teleservices, S.A., Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., Global Sales Solutions Line, S.L., Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, sobre recoñecemento de dereito, se acordou citar a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e a Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., en paradoiro descoñecido, para que comparezan na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707 Santiago de Compostela, o día 3 de outubro de 2019, ás 10.05 e 10.10 horas, co fin de celebrar os actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse. Advírteselles que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que teñen ao seu dispor na oficina xudicial a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, deberán pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención á demandante, esta poida estar representada tecnicamente por graduado social colexiado ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lles sirva de citación Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e a Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido a presente cédula.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza