Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 42830

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 23 de setembro de 2019 pola que se procede á ampliación do prazo de presentación de solicitudes da Orde do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301V).

BDNS (identif.): 402994.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da orde cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

A Orde do 31 de maio de 2018 (DOG núm. 114, do 15 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301V), sinalaba, no seu artigo 1.2, que se convocan as referidas subvencións para as accións formativas que se iniciaron no período que vai do 1 de xullo de 2018 ao 30 de xuño de 2019, o que tiña como consecuencia que, no número 1 do artigo 16, se fixase que a data límite de presentación de solicitudes fose o 30 de xullo de 2019 para aquelas accións formativas iniciadas entre o 16 de novembro de 2018 e o 30 de xuño de 2019.

A través da Orde do 14 de xuño de 2019 (DOG núm. 117, do 21 de xuño) ampliouse o prazo para dar cobertura ás bolsas e axudas referidas a accións formativas iniciadas ata o 30 de setembro de 2019.

Coa mesma finalidade de permitir que o alumnado desempregado que asista ás accións formativas da formación profesional para o emprego financiadas pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, poida seguir percibindo as bolsas e axudas recollidas no procedemento TR301V mentres se tramitan as seguintes bases e a convocatoria e se adaptan os aplicativos informáticos que permitirán mellorar e axilizar a súa xestión, cómpre volver ampliar o prazo de vixencia da convocatoria recollida na Orde do 31 de maio de 2018, de maneira que ao seu abeiro se poidan solicitar bolsas e axudas ata o 31 de decembro de 2019, referidas a accións formativas que se inicien desde o 1 de outubro de 2019, inclusive.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria