Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 42837

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se adxudican cinco bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante a Orde do 14 de maio de 2019 (código de procedemento PL500E).

A Orde do 14 de maio de 2019 (DOG núm. 99, do 27 de maio) establece as bases e anuncia a convocatoria –en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade– de cinco bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados noutras tantas universidades de fóra de Galicia.

Logo de ver a proposta de resolución definitiva de adxudicación das ditas bolsas de formación e a certificación, remitidas ambas pola subdirectora xeral de Política Lingüística en cumprimento do establecido no artigo 16.2 da dita orde, acompañadas da acta da comisión de valoración constituída ao abeiro do artigo 15.5 da referida orde e da resolución definitiva de admitidos e excluídos, este secretario xeral, en uso das facultades que lle son expresamente delegadas en virtude da disposición adicional única da Orde do 14 de maio de 2019,

DISPÓN:

Artigo 1

Adxudicarlles as bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas dos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se especifican, coas condicións establecidas na orde da convocatoria e polo período que se indica, ás persoas relacionadas no anexo I.

Artigo 2

Aceptar, polo motivo especificado, a desistencia da súa solicitude das persoas que se relacionan no anexo II.

Artigo 3

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o/a titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2019

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Adxudicación das bolsas de formación

Destino

Apelidos e nome

NIF

Período

Universidade do Algarve

Mariño Gómez, Claudia

***9536**

Do 1.10.2019 ao 30.9.2022

Freie Universität Berlin

Del Río Rivas, Miguel

***6772**

Do 1.10.2019 ao 30.9.2022

Universidade do Estado do Río de Janeiro

González López, Elías

***7914**

Do 1.1.2020 ao 31.12.2022

La Sapienza Università di Roma (Roma)

Fuciños Vázquez, Xisela Minia

***3067**

Do 1.10.2019 ao 30.9.2022

Sveučilište u Zadru (Zadar)

Sotelo Domínguez, Helena

***9768**

Do 1.10.2019 ao 30.9.2022

ANEXO II

Relación de desistidos

Apelidos e nome

NIF

Motivo

1

Liñeiro Domínguez, Iván

***0387**

Non presentarse á fase de exposición e defensa do proxecto didáctico