Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 43041

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de corrección de erros do anuncio de delegación de competencias do Concello do Grove.

No Diario Oficial de Galicia número 161, do 27 de agosto de 2019, publicouse un anuncio relativo á aceptación, polo Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, da delegación efectuada polo Concello do Grove para desenvolver as facultades de recadación das multas de tráfico.

Advertido un erro na data do acordo plenario en que o Concello do Grove realizou a citada delegación, ao abeiro do establecido no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a súa rectificación no sentido seguinte:

Na páxina 37756, onde di:

«…a delegación que realizou o Concello do Grove polo Acordo do Pleno, na sesión do 31 de xullo de 2019…».

Debe dicir:

«…a delegación que realizou o Concello do Grove polo Acordo do Pleno, na sesión do 31 de xullo de 2017…».

Pontevedra, 4 de setembro de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font

Deputado delegado da Área de Réxime Interior, Economía, Facenda, Novas Tecnoloxías e Oral

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra