A titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe María Inmaculada, de Verín, solicita a autorización de 1 unidade de educación especial.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Autorización de 1 unidade de educación especial, no centro cuxos datos se sinalan a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.
Denominación específica: María Inmaculada.
Código do centro: 32013557.
Enderezo: avda. de Portugal, 59.
Localidade: Verín (Santa María A Maior).
Concello: Verín.
Código postal: 32600.
Provincia: Ourense.
Titular: Religiosas del Amor de Dios.
Composición resultante:
Educación infantil (2º ciclo): 6 unidades.
Educación primaria: 12 unidades.
Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.
Educación especial: 1 unidade.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento da unidade que se autoriza, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Modificación da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2019
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional