Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 2 de outubro de 2019 Páx. 43455

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas e proxectos integrais de aforro e eficiencia enerxética para as universidades públicas de Galicia, para os anos 2019 e 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421X).

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 174, do 13 de setembro de 2019, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 40170, parágrafo 4, onde di: «A dotación da presente convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega para o ano 2019 ascende a 6.348.795 euros financiados con fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020», debe dicir: «A dotación da presente convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega para o ano 2019 ascende a 6.348.891,44 euros financiados con fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020».

Na páxina 40172, artigo 2, número 1, onde di: «Poderán ter dereito a subvención todas aquelas actuacións descritas no artigo 6 destas bases que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma e o prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase coa apertura do prazo de presentación de solicitudes e rematará no prazo previsto no artigo 24 destas bases», debe dicir: «Poderán ter dereito á subvención todas aquelas actuacións descritas no artigo 6 destas bases que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma e o prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase coa apertura do prazo de presentación de solicitudes e rematará no prazo previsto no artigo 26 destas bases».