Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 2 de outubro de 2019 Páx. 43452

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de abril de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 81, do 29 de abril), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nos festivais e nas feiras internacionais do sector do libro que teñan lugar en 2019.

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 13 da orde de convocatoria, esta resolución publicarase no DOG e na páxina web oficial da Consellería de Cultura e Turismo (https://www.cultura.gal). Por tanto,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 11.20.432A.770.01 do procedemento CT221A de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nos festivais e nas feiras internacionais do sector do libro que teñan lugar en 2019.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2019

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo

ANEXO

Núm. expte.

CT221A

Persoa beneficiaria

Feira ou festival internacional

Total subvención

2019/1

Nuria Díaz Berride

Bologna Children’s Book Fair

600 €

2019/2

Yolanda Castaño Pereira

The O Bheal Winter Warmer

Poetry Festival, Cork (Ireland)

600 €

2019/4

Anxo Xabier Fariña Temprano

Feria Internacional del Libro de Lima

1.500 €

2019/5

Alejandro Viñuela Agra

Bienal de Bratislava

600 €