Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 50/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos López García contra Neumáticos Radial, S.L. e o Fogasa, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
«Decreto
Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.
En Santiago de Compostela o once de setembro de dous mil dezanove.
Parte dispositiva
Acordo:
a) Declarar o executado Neumáticos Radial, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 31.768,45 euros en concepto de principal (18.256,05 euros en concepto de indemnización, e 13.521,4 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 3.176,84 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.
b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.
c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.
d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.
Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.
A letrada da Administración de xustiza»
E para que sirva de notificación en legal forma a Neumáticos Radial, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2019
A letrada da Administración de xustiza


