Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 43925

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 26 de setembro de 2019 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

A Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

O primeiro exercicio da fase de oposición correspondente ao proceso selectivo que se cita foi realizado o día 10 de xullo de 2019.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda