Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 44197

V. Administración de xustiza

Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 4136/2019).

Neste órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo PO 4136/2019 por RTCR, contra o Concello de Vedra (A Coruña), concretamente contra o Acordo do 29 de abril de 2019 que aproba definitivamente o Plan especial de protección do núcleo da Ponte Ulla (PE-1).

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 18 de xullo de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA), se concede un prazo de quince (15) días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición impugnada.

A Coruña, 16 de setembro de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza