A Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, dispón na base II.1.1.1 que o prazo máximo para a realización do primeiro exercicio será de 40 días hábiles contados desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.
A dita constitución tivo lugar o día 10 de setembro de 2019.
Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo ao cal se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería
DISPÓN:
A ampliación do prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos en vinte días hábiles.
Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda