Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 7 de outubro de 2019 Páx. 44312

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 16 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2019, 2020, 2021 e 2022.

A Consellería de Política Social convocou para os anos 2019, 2020, 2021 e 2022, a través da Orde do 16 de xullo de 2019 (DOG núm. 142, do 29 de xullo) axudas para a posta en marcha de casas niño.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian as axudas de investimento ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación de solicitudes están regulados no artigo 10 da Orde do 16 de xullo, e no artigo 11 determínase a documentación que se deberá xuntar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non contan coa documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo establece o artigo 10 da Orde do 16 de xullo de 2019 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación do expediente requirirá a persoa solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa petición, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, e tal como sinala o artigo 17 da citada orde pola que se convocan as axudas, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a que producirá os efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao servizo de Conciliación Familiar a través da conta de correo demografiaeconciliacion@xunta.gal

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2019

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS403C/2019-1

Andrea Ferro Conde

***5579**

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade.

BS403C/2019-2

Tamara González Ferreiro

***6923**

BS403C/2019-3

Silvia Faria Garabatos

***2790**

Memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos tres últimos anos.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c) da orde de convocatoria.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

BS403C/2019-4

Álvaro Araujo Fernández

***5929**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde actualizado.

Proposta pedagóxica basica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto, contextualizada no modelo de servizo de casa niño, que, en todo caso, aborde os seguintes contidos: período de adaptación, a alimentación, a hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto adaptado ás características dunha casa niño.

BS403C/2019-5

Rosa Ana García Cardeñoso

***6616**

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto, contextualizada no modelo de servizo de casa niño, que, en todo caso, aborde os seguintes contidos: período de adaptación, a alimentación, a hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada.

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto adaptado ás características dunha casa niño.

Certificado de estar ao día coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

BS403C/2019-7

Estela Parajó Naveira

***4781**

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

BS403C/2019-8

Ana María Iglesias Rodríguez

***0883**

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto, contextualizada no modelo de servizo de casa niño, que, en todo caso, aborde os seguintes contidos: período de adaptación, a alimentación, a hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde

Ao tratarse dun inmoble non destinado a vivenda, este informe incluirá a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

BS403C/2019-9

Mª Azahara Martínez Gómez

***1004**

Memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos tres últimos anos.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o local cumpre os requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

BS403C/2019-10

Noelia García Bran

***7971**

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

Ao tratarse dun inmoble non destinado a vivenda, este informe incluirá a referencia ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

BS403C/2019-11

Antía Gómez Galego

***1922**

Copia da documentación acreditativa de estar en posesión ou da experiencia recollidas no artigo 4.1.a) 4º e 5º da orde de convocatoria da axuda.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Ao tratarse dun inmoble non destinado a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto adaptado a unha casa niño.

BS403C/2019-12

Laura Fisteus Prieto

***4925**

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Ao tratarse dun inmoble non destinado a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

BS403C/2019-14

Antía Barros Somoza

***8222**

Completar a memoria descritiva na que se xustifique a necesidade e oportunidade de creación da casa niño apoiada na análise do contexto e na súa contorna.

Proposta pedagóxica básica asinada que aborde os contidos establecidos na convocatoria de axudas desde un enfoque educativo.

Completar o plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento da actividade da casa niño.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Ao tratarse dun inmoble non destinado a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

BS403C/2019-15

Susana Ontiveros García

***2065**

Orzamento desagregado dos gastos de investimento adaptado aos puntos establecidos no anexo IV.

BS403C/2019-16

Mª Cristina Gómez Pena

***4718**

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

BS403C/2019-17

Lorena González Estévez

***3141**

Completar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Completar o plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto adaptado a unha casa niño.

BS403C/2019-18

Alba Mª Dopico Rodríguez

***4491**

Completar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade.

Completar o plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto adaptado a unha casa niño.

BS403C/2019-19

Tamara Fraga Sotelo

***7674**

Completar a proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto, que, en todo caso, aborde os seguintes contidos: a alimentación, a hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada.

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

BS403C/2019-20

Alba Rodríguez Rodríguez

***2805**

Memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenos/as usuarios/as e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias.

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto, que, en todo caso, deberá abordar os seguintes contidos: período de adaptación, a alimentación, a hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento de proxecto piloto.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo IV incluíndo os gastos de equipamento, material didáctico e de xogo.

BS403C/2019-21

Tamara González Ferreiro

***6923**

Memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenos/as usuarios/as e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto, que, en todo caso, deberá abordar os seguintes contidos: período de adaptación, a alimentación, a hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento de proxecto piloto.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo IV.

BS403C/2019-23

Zaira Fernández Taboada

***9438**

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

Ao tratarse dun inmoble non destinado a vivenda, este informe incluirá a referencia ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

BS403C/2019-24

Lucía Mosteiro Sigüenza

***7821**

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto, que, en todo caso, deberá abordar os seguintes contidos: período de adaptación, a alimentación, a hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento de proxecto piloto.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo IV.

BS403C/2019-25

Antía Fernández Vázquez

***5524**

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

BS403C/2019-26

Gemma Fontela Campos

***8180**

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

Ao tratarse dun inmoble non destinado a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

BS403C/2019-27

Paula Rodríguez Ramil

***3644**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenos/as usuarios/as e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto, que, en todo caso, deberá abordar os seguintes contidos: período de adaptación, a alimentación, a hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento de proxecto piloto.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo IV.

BS403C/2019-28

Carmen Orihuela Garrido

***8131**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenos/as usuarios/as e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto, que, en todo caso, deberá abordar os seguintes contidos: período de adaptación, a alimentación, a hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento de proxecto piloto.

Certificado de estar ao corrente coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

BS403C/2019-29

Patricia Ordóñez Rey

***2353**

Completar a memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenos/as usuarios/as e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

Completar o plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento de proxecto piloto adaptado a una casa niño.