Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o anexo ao proxecto de restauración da concesión de explotación derivada de permiso de investigación Faro número 2875 (PO/C/02875), situada no termo municipal de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o anexo ao proxecto de restauración da concesión de explotación derivada de permiso de investigación Faro nº 2875 (PO/C/02875), situada no termo municipal de Pontevedra, solicitado pola sociedade Actividades Mineras La Xinde, S.L.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o anexo ao proxecto de restauración se atopa dispoñible ao público, para a súa consulta, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras).

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 30 de setembro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra